O pasado 5 de decembro visitounos Joaquín Álvarez, mestre de Educación Secundaria e familiar dunha alumna de 4°de E.P. Dunha forma divertida e didáctica amosounos o proxecto de recollida de lixo nas praias de Cangas que, desde hai anos, leva adiante co seu alumnado. Tamén trouxo unha exposición dos diferentes materiais e residuos que atoparon nos areais ou nas rochas. Axudounos a reflexionar sobre a pegada que deixamos na natureza e a concienciarnos da necesidade de coidar as nosas praias e mares. Moi agradecidos, Joaquín.
Esta actividade englóbase dentro do proxecto de Aprendizaxe-servizo, Colecircuaridade sobre economía circular.




Comentarios
Publicar un comentario