Visita a Sogama




Visita a Sogama

Os alumnos de 3º da ESO visitaron as instalacións de Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente). Esta visita é unha actividade relacionada con proxecto Escola Verde do Plan Proxecta da Xunta de Galicia que está incluido dentro da pata de residuos do proxecto de centro Colecircularidade.


Con este proxecto búscase traballar todos os temas relacionados cos residuos. A sociedade actual está inmersa nun mundo de consumismo que leva consigo a xeración excesiva de residuos. Este exceso leva consiguo moitos problemas relacionados co cambio climático e o quentamento global. O coidado do noso planeta pasar polo coidado do noso entorno e para iso a sociedade ten que avanzar cara un modelo de economía circular que traballa coas ideas de reparar, reutilizar e xerear menos resiudos. É necesario unha concienciación do alumnado, das súas familias e de toda a comunidade educativa da cantidade de residuos que se xeneramos. Para acadar este obxectivo o primeiro paso é o de formarse. A visita a Sogama é unha maneira lúdica e entretida de incrementar o coñecemento sobreo o medio ambiente e a xestión sostible de residuos.

Os alumnos e alumnas coñeceron mediante unha visita de realidade virtual os diferentes percorridos e tratamento que sofren os residuos que chegan a Sogama. Tamén recordaron cal é a correcta segregacións dos residuos e a importancia de reutilizar e reparar frente a desbotar.

Os conceptos aprendidos serán agora trasladados a escola para continuar a traballar dentro do Proxecto Escola Verde.









 

Comentarios