
Este ano estamos implantando unha aprendizaxe-servizo (ApS). Isto é, unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde os participantes aprenden a traballar en necesidades reais do entorno coa finalidade de melloralo. As situacións de emerxencia climática e enerxética que estamos a vivir así como os contidos curriculares, leváronnos a deseñar un ApS pensado no medio que nos rodea, na necesidade de cambiar a mentalidade da sociedade en canto ó modelo de produción e consumo promovendo unha viraxe cara a economía circular deixando atrás o modelo lineal. Este novo modelo axudará a reverter o grao de contaminación e coidar dos recursos naturais. O nome do noso proxecto de ApS é Colecircularidade (Educar máis con menos) e como o nome indica, está baseado na Economía Circular e tentar conseguir unha escola o máis circular posible. Dentro de aquí, este ano centrarémonos fundamentalmente nas seguintes temáticas: a auga, residuo cero, mobilidade sostible e consumo responsable. Será un proxecto corporativo no que se pretende vincular á comunidade educativa, á veciñanza e tamén aos axentes sociais que traballan neste sentido. Por iso, ao longo do curso todos os niveis participarán en diversas actividades do proxecto: acordar hábitos no día a día, concursos, charlas, talleres, visitas, creación humedais para a auga, potenciar os composteiros, reciclaxes, transporte limpo, deseño campañas de concienciación, creación dun blogue sobre o proxecto... “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo” Eduardo Galeano.
Comentarios
Publicar un comentario